Sunday 12 de May de 2024

Cambio de horario da Casa da Cultura de Fene durante o Nadal


O Museo do Humor abrirá este ano en horario de mañá e tarde

Dende o sábado 19 de decembro ao mércores 6 de xaneiro cambia o horario de apertura e atención ao público nas dependencias da Casa da Cultura de Fene: Museo do Humor e Biblioteca Municipal “Pérez Parallé”.
Como novidade, o Museo do Humor abrirá ao público este Nadal en horario de mañá e tarde para favorecer as visitas ás exposicións “Francisco Ibáñez, el Mago del Humor” e “Mulleres no Comic” que se amosan nesta instalación ata o vindeiro 30 de xaneiro. Neste senso, o horario do Museo será, a partir xa desta fin de semana, de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas e de 17.00 a 21 horas.
Ademais, dende a Concellería de Cultura e Ensino, programáronse visitas guiadas á exposición de Ibáñez para os días 21, 22, 23, 28, 29, 30 de decembro e 4 e 5 de xaneiro, ás 18 horas. Todas aquelas persoas ou familias que queiran participar, non terán máis que achegarse pola Casa da Cultura de Fene a esa hora (punto de encontro en conserxería).
Pola súa banda, a Biblioteca Municipal de Fene abrirá aos veciños e veciñas este Nadal no horario habitual previsto para os períodos vacacionais. Isto é, de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas.
Durante o Nadal, os sábados e domingos (19, 20, 26, 27 de decembro e 2 e 3 de xaneiro) e os días 24, 25, 31 de decembro e 1 de xaneiro ambas as dúas instalacións permanecerán pechadas.